Longametraxe / Comedia
Calquera pode ter un mal día. Mabel teno cando, empuxada por unha rabia directamente proporcional ao desgusto de descubrir que o seu marido está a poñerlle os cornos, enléase a trompadas con el en pleno voo. Quen ía pensar que ese momentiño de descontrol ía desencadear o maior desastre persoal da súa vida? Un desastre que a levará a perder non só o seu marido, senón tamén o seu traballo e o que ata o de agora consideraba unha vida “normal”. Porque antes, cando a cagabas, a vergoña duraba tan pouco como a memoria das testemuñas presenciais, se as había. Pero agora, cando a cagas, existe o risco engadido de que alguén te grave e que o suba a internet. E aí estás perdido, porque a túa vergoña multiplícase e faise eterna. É o que ten facerse viral, como Mabel.
Acompañar á nosa protagonista no furacán da súa viralidad foi unha gozada para todos cantos participamos nesta película. Vivimos as súas agonías e as súas loucuras, pero tamén os seus momentos de gozo e mesmo de festa (porque é certo que a sorte non lle sorrí na nosa historia, pero as súas amigas molan e iso sempre vale un mundo)…. Botamos unhas risas e emocionámonos con esa Mabel á que Branca Suárez deu vida cunha verdade e unha tenrura fermosas (que gusto dá cando alguén é capaz de rirse de si mesma como fai Branca aquí). E non só con ela, senón con toda a fauna humana que a rodea. Desde as súas amigas (Cristina Gallego e Esperanza Guardado, dúas xenias absolutas) ata o feixe de tipos que lle fan a vida imposible: o seu pai e o seu irmán (eses inmensos Miguel Rellán e Daniel Fez aos que non sabes se dar unha aperta ou retorcerlles o pescozo); ese tipo curioso chamado Berto interpretado polo grandísimo Enric Auquer (si, un dos mellores actores deste país, que aquí, ademais, está especialmente simpático… o tío teno todo) e, por suposto, ese marido ao que queremos odiar pero ao final, grazas a Nico Furtado (ese actor cun talento tan grande que cruza o atlántico de ida e volta) entendemos por que Mabel non acaba asasinándoo.
SINOPSE:
Mabel faise viral de maneira involuntaria durante un voo a Tahití. Ao desbloquear o teléfono do seu esposo durmido en busca de algo inocente, atopa as probas da súa infidelidade. No medio do avión, desata unha confrontación que provoca o pánico e unha aterraxe de emerxencia. De regreso en Madrid, descubre que a súa vida cambiou drasticamente. Agora é coñecida en todo o mundo como #atoladoavion, o que lle custa o seu traballo, relacións persoais, fogar e privacidade. Mabel loita por recuperar o que perdeu, pero descobre que ser viral ten os seus desafíos únicos.
Ano: 2023 / Dur.: 96 min. / Prod: Warner Bros. España, Atresmedia Cine, Pampa Films, Bowfinger Intl. Pictures
Dirección: Jorge Coira
Guión: Araceli Gonda
Prod. executiva: María Luisa Gutiérrez, Gemma Vidal, Mercedes Gamero
Reparto: Blanca Suárez, Enric Auquer, Nicolás Furtado, Miguel Rellán, Daniel Fez, Cristina Gallego, Esperanza Guardado, Malena Narvay, Norah Ayers, María Jáimez, Jaime Rodrigo, Iolanda Muíños, Rebeca Plaza, Javier Cifrián, Amparo Alcaraz, Cristina Soria, Malena Gutiérrez, Esther Rivas, Lucas Fuica, José Luis Esteban, Adrián Viador