Serie TV / Comedia
Pelotas foi unha das mellores experiencias que vivín en televisión.
Corbacho e Cruz, aos que eu admiraba dende que vira Tapas, chamáronme para dirixir con eles a primeira tempada, pero non puiden ir, xa que estaba a piques de rodar 18 comidas. Cando máis tarde se atrasou a rodaxe da miña película, pensei que perdera unha oportunidade única de aprender traballando xunto a uns grandes como eles.
Por iso, cando case un ano máis tarde me chamaron de novo para ir á segunda tempada, non o dubidei un segundo e puiden darme o gustazo de entrar no seu mundo, contar esas historias cálidas e humanas, e gozar xunto a un equipo e un reparto espectaculares.
SINOPSE:
Comedia que narra a vida cotiá, chea de vitorias e derrotas -sobre todo derrotas- dun grupo de amigos que se encontra os domingos pola mañá para ver a “La Unión”, un equipo de fútbol de Segunda Rexional fundado hai 50 anos .
Ano: 2010 / Dur: 60 min. / TVE
Prod.: El Terrat, TVE
Creada por José Corbacho, Juan Cruz
Dirección: José Corbacho, Juan Cruz, Jorge Coira, Oriol Ferrer
Reparto: Ángel de Andrés, Javier Albalá, Blanca Apilánez, Celia Freijeiro, Belén López, María Botto, Alberto Jo Lee, Pablo Vega, Sara Loscos, Francisco Merino, David Fernandez, Arturo Valls, Alberto Amarilla, Ana Rayo, Carlota Urdiales, Alberto Sanjuán