Serie TV / Thriller / 8 x 50′ / Movistar+ / Canal Arte France
Hierro conta a investigación que seguen en paralelo dous personaxes opostos, a xuíza Candela Montes e Díaz, o principal sospeitoso dun asasinato que se produce tan pronto chega a maxistrada á illa: Fran, un mozo herreño, aparece asasinado o mesmo día da súa voda; ía casar coa filla de Díaz.
Candela e Díaz non poden ser máis distintos. E ese contraste faise ainda máis patente dado que teñen algo importante en común: os dous están decididos a atopar o asasino.
Avanzan cada un por separado, con métodos completamente diferentes. Pero a illa é un mundo pequeno e os choques entre eles son constantes. Para Candela, Díaz é algo máis ca unha molestia; enganouse ao poñelo en liberdade? Para Díaz, Candela é unha dor de cabeza permanente que pon en risco os negocios escuros nos que está envolto.
Ano: 2019 / 8 episodios de 50 min.
Movistar+ / Canal Arte France
Dirección: Jorge Coira
Creador: Pepe Coira
Guión: Pepe Coira, Fran Araujo, Araceli Gonda, Coral Cruz, Carlos Portela
Prod. executiva: Alfonso Blanco, Domingo Corral, Olivier Bibas, Susana Herreras, Ismael Calleja, Jimmy Desmarais
Reparto: Candela Peña, Darío Grandinetti, Juanca Vellido, Mónica López, Kimberley Tell, Luifer Rodríguez, Isaac dos Santos, Tania Santana, Saulo Trujillo, Antonia Sanjuán, Maykol Hernández, Yaiza Guimaré