Longametraxe / Comedia – Drama
18 comidas é un xogo cun amplo grupo de actores de enorme talento, cos que exploramos distintas maneiras de loitar por ser feliz. Distintas historias que se cruzan e que se ligan a través das emocións.
Foi un proxecto moi diferente a todo o que eu fixera antes, un crebacabezas de equilibrios complexos moi difíciles de manexar (levoume oito meses montar a película), que me deu enormes alegrías: dende o proceso en si -emocionante e intenso- ata a acollida do público na súa estrea en salas e no seu paso por festivais de máis de trinta países.
SINOPSE:
Un músico de rúa reencóntrase co amor da súa vida; dous borrachos almorzan cubatas con marisco; un home cociña, cociña e cociña para unha muller que nunca chega; dous homes quérense, pero escóndense; unha cociñeira soña con ser cantante; unha moza quere o que un home non dá, mentres un camareiro morre por ela; un macedonio está perdido por desamor en Santiago de Compostela; unha parella de anciáns que xa se dixeron todo almorza, come e cea en silencio. Todas estas historias crúzanse ao longo dun día de ficción en 18 comidas, unha película de emocións servidas en torno a unha mesa, unha viaxe polos sentimentos na máis universal de todas as loitas: a de ser feliz.
Ano: 2010 / Dur.: 104 min. / Prod.: Tic Tac Producciones, Zircozine, Lagarto Cine
Dirección: Jorge Coira
Guión: Jorge Coira, Araceli Gonda, Diego Ameixeiras
Prod. executiva: Fernanda del Nido, Farruco Castromán, Luis Tosar, Hugo Castro Fau
Reparto: Luis Tosar, Sergio Peris Mencheta, Cristina Brondo, Víctor Clavijo, Esperanza Pedreño, Pedro Alonso, Juan Carlos Vellido, Fede Pérez, Víctor Fábregas, Mario Zorrilla, Nuncy Valcárcel, Camila Bossa, Xosé Barato, Milan Tocinovski, María Vázquez, Jorge Cabezas, Ricardo de Barreiro, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Antonio Mourelos
Seleccionada para más de 30 festivales en Francia, EEUU, México, Colombia, Italia, Finlandia, Portugal, Rusia, Serbia, Macedonia, Inglaterra, Irlanda, Australia, Nueva Zelanda, etc.
Seleccionada para máis de 30 festivais en Francia, EEUU, México, Colombia, Italia, Finlandia, Portugal, Rusia, Serbia, Macedonia, Inglaterra, Irlanda, Australia, Nova Zelandia, etc.
Estreada en salas de máis de 10 territorios.
- Premio Mellor Director Festival Internacional de Taormina (Italia)
- Premio do Público e Premio Especial do Xurado / OUFF Festival Internacional de Ourense
- Premio Especial do Xurado na Bienal de Annecy (Francia)
- Premio Mellor Película e Premio do Publico / CINESCENA, Festival Internacional de La Laguna (España)
- Premio a Mellor Película, Food Films / Douro Film Harvest (Portugal)
- 7 premios Mestre Mateo da Academia do Audiovisual Galego (incluídos mellor película, mellor director, mellor guión e mellor montaxe)